jueves, 30 de abril de 2020

BENVIDA AO MEU BLOGUE !!!

Estimadas familias , este blogue foi creado para que poidamos ter unha maneira diferente de traballar. Nel irei achegando  actividades interactivas para que @s nen@s realicen as tarefas dun xeito máis lúdico e motivador. Os contidos serán por curso (  ás veces comúns ) e asignatura, aínda que tamén faremos outro tipo de exercicios. Para realizar as actividades debemos clicar no título e logo no  enlace URL, unha vez rematada dáselle a TERMINADO e logo COMPROBAR MIS RESPUESTAS,  eles mesmos ven as correctas e as erróneas,  tamén  podedes axudarlle vos. No inicio da ficha aparece a puntuación que acadaron.  Poden realizalas as veces que queiran ( así van correxindo os fallos ), só é necesario saír e volver a entrar no enlace.
 Espero que a experiencia sexa positiva e a ver como se vai desenvolvendo.

Saúdos.


PD : A FICHA  ESTÁ BEN A PARTIR DE 5, NON TEÑEN QUE TER SEMPRE UN 10 !!!!

1 comentario:

  1. paréceme moi ben porque así aprendemos a utilizar o ordenador.

    un saúdo MARIÑA.

    ResponderEliminar