Estimadas familias , este blogue foi creado para que poidamos ter unha maneira diferente de traballar. Nel irei achegando actividades interactivas para que @s nen@s realicen as tarefas dun xeito máis lúdico e motivador. Os contidos serán por curso ( ás veces comúns ) e asignatura, aínda que tamén faremos outro tipo de exercicios. Para realizar as actividades debemos clicar no título e logo no enlace URL, unha vez rematada dáselle a TERMINADO e logo COMPROBAR MIS RESPUESTAS, eles mesmos ven as correctas e as erróneas, tamén podedes axudarlle vos. No inicio da ficha aparece a puntuación que acadaron. Poden realizalas as veces que queiran ( así van correxindo os fallos ), só é necesario saír e volver a entrar no enlace.
Espero que a experiencia sexa positiva e a ver como se vai desenvolvendo.
Espero que a experiencia sexa positiva e a ver como se vai desenvolvendo.
Saúdos.
PD : A FICHA ESTÁ BEN A PARTIR DE 5, NON TEÑEN QUE TER SEMPRE UN 10 !!!!
PD : A FICHA ESTÁ BEN A PARTIR DE 5, NON TEÑEN QUE TER SEMPRE UN 10 !!!!
paréceme moi ben porque así aprendemos a utilizar o ordenador.
ResponderEliminarun saúdo MARIÑA.